John Noble aparece en Sleepy Hollow

0
234

O actor australián John Noble, a quen todos os fans aínda relembran coma protagonista da emblemática série Fringe, regresará á Fox unha vez mais, outra vez reuníndo-se con Alex Kurtzman e Roberto Orci na nova série Sleepy Hollow para facer un papel salientabel a finais da presente tempada.

Noble interpretará a Henry Parrish, un home amábel pero senlleiro que posúe poderes sobrenaturais que teñen a posibilidade de axudar a Ichabod Crane (Tom Mison).

Sleepy Hollow estreou-se o pasado luns cun abraiante ráting do 3,3 e mais de 10 millóns de telespectadores, convertindo á série no millor estreo dos últimos sete anos da canle Fox.