A Marvel quere á axente Carter

0
238

A Marvel Studios está a preparar unha nova série de televisión baseada na axente Peggy Carter, un persoaxe secundário dentro do mundo dos cómics do Capitán América.

O recente minifilme da Marvel Agent Carter, que aparecerá coma extra no DVD e Blu-Ray de Iron Man 3, continúa a história de Peggy Carter (Hayley Atwell) a partir do que puidemos ver no filme de 2011 Captain America: The First Avenger. Na curta, a axente continúa a súa carreira coma axente secreta un ano despois de que Steve Rogers desaparecera baixo o xeo.

Polo de agora non hai ningún acordo pechado ao redor deste proxecto, pero iso non debería ser un gran problema. A vindeira série de televisión Agents of S.H.I.E.L.D. baséa-se parcialmente noutro minifilme, neste caso o titulado Item 47 que apareceu xunto ao DVD de The Avengers.

Polo de agora non está claro se Atwell repetirá o seu papel caso de se aprobar definitivamente este proxecto, ou se serán outros actores á parte de Dominic Cooper, Bradley Whitford e Neal McDonough (que aparecen no minifilme) os que darán vida aos persoaxes.