Alvarez visita o Inferno de Dante

0
294

O director e guionista uruguaio Fede Álvarez (Evil Dead) será o encargado de adaptar ao cinema o videoxogo da EA Dante’s Inferno para a Universal Pictures.

O xogo, que apareceu en 2010, está mais ou menos inspirado no primeiro terzo do poema épico do século XIV A Divina Comédia, escrita por Dante Alighieri. No xogo, Dante é un cabaleiro templário que debe viaxar a través dos nove círculos do inferno para rescatar o alma da súa amada Beatriz.

O deseño gráfico do inferno estará baseado directamente no videoxogo. Jay Basu escribiu a versión mais recente do guión, que contará coa produción de Patrick O’Brien, Marc Abraham e mais Eric Newman.