Butler e Rush, deuses de Exipto

0
288

Gerard Butler (300, Olympus Has Fallen) está a negociar estes días a posibilidade de se incorporar ao reparto do vindeiro filme de Alex Proyas, a fantasía épica Gods of Egypt, que producen a Lionsgate e mais a Summit Entertainment.

Burk Sharpless e Matt Sazama (Dracula Untold) escribiron o guión deste proxecto, no que Butler intepretará a Set, o deus do deserto, os trebóns e os forasteiros na antiga relixión de Exipto.

Set matou ao seu irmán Osiris, obrigando ao sobriño de Set, Horus, a procurar vinganza. Após de fracasar no seu intento e resultar desfigurado, será o turno dun xoven ladrón humano que está namorado dunha escrava para tentar derrotar ao deus tolo.

Pola súa banda, Geoffrey Rush ven de pechar asemade o acordo polo que se unirá ao reparto do filme, facendo o papel de Ra, pai de Set e Osiris e obxectivo final do malvado Set.

Nikolaj Coster-Waldau (Game Of Thrones) será o encargado de interpretar a Horus. A rodaxe escomezará a primeiros do ano que ven en Austrália.

Basil Iwanyk será o produtor.