As novas faces do mundo de Warcraft

861

Veñen de se facer públicos mais nomes que se unirán ao reparto da vindeira película de Duncan Jones, na que adaptará o videoxogo Warcraft á pantalla grande coa produción da Legendary Pictures e mais a Atlas Entertainment.

Durante esta semana confirmou-se que Colin Farrell e Paula Patton participarán no filme, e entre os candidatos a se facer cun óco están tamén o actor Paul Dano (There Will Be Blood), Anton Yelchin (Star Trek), o ex-modelo Travis Fimmel (Vikings) e mais o rachacorazóns Anson Mount (Hell on Wheels).

O filme será unha adaptación do videoxogo de rol online World Of Warcraft e a rodaxe escomezará en xaneiro cun guión de Charles Leavitt.