Búsca-se Wookie para o Episódio VII

879

Un recente anúncio publicado en Inglaterra pola produtora de Star Wars: Episode VII que dirixirá J.J. Abrams semella estar á procura dun Wookie.

Neste anúncio, que apareceu no servizo especialziado de cásting Spotlight, tan só se menciona que a Walt Disney Pictures, a LucasFilm e mais a Bad Robot están a procurar o seguinte perfil para unha película aínda sen título:

Varón, entre 2,10 e 2,20 metros de altura, corpo delgado e postura recta. Non demasiado musculoso nin delgado, especialmente nos ombros. Unha face ancha sería un bonus“.

O actor que deu vida a Chewbacca na triloxía orixinal, Peter Mayhew, medía 2,20 metros e se axustaba perfectametne á devandita descripción. A rodaxe escomezará a primeiros de 2014.