John Constantine chega á tele

0
213

Aínda que a DC Comics está aínda moi por detrás da Marvel na pantalla grande, na televisión semella contar cunha aventaxe clara respeito á súa tradicional competidora polo momento.

Así, á série Arrow que xa vai pola súa segunda tempada e mais ao anúncio do spin-off Flash que podería escomezar o outono que ven, hai que sumar os insistentes rumores sobre unha série titulada Gotham que sería unha precuela á aparición de Batman na cidade, e que será emitida pola canle Fox.

Agora ademáis hai que engadir unha adaptación de Hellblazer, que está a preparar a NBC, xa comprometida a levar adiante o proxecto. O guionista de Man of Steel e responsábel da série Da Vinci’s Demons, David S. Goyer, escribirá o libreto da nova série xunto a Daniel Cerone (The Mentalist).

Coma nos cómics, esta série irá sobre o enigmático detective do sobrenatural John Constantine, que defende á raza humana contra as forzas escuras do outro mundo.

O persoaxe xa fora adaptado ao cinema no filme de 2005 Constantine, protagonizado por Keanu Reeves, e que tivo unha pésima acollida entre os fans.