Bryce Howard visita o Mundo Xurásico

0
219

A actriz Bryce Dallas Howard (Spider-Man 3) está a negociar a súa entrada coma protagonista no reparto de Jurassic World na Universal Pictures.

O nome de Howard leva soando moito tempo para un dos papéis principáis deste filme, pero a oferta para traballar nel só a recebiu esta mesma semana.

Colin Trevorrow (Safety Not Guaranteed) dirixirá a cuarta entrega da saga dos dinosáuros, que ten prevista a súa estrea para 2015. O mesmo Trevorrow é o autor do guión, xunto a Derek Connolly.

Frank Marshall e mais Pat Crowley serán os produtores.