Christoph Waltz contra Tarzán

0
284

Após de pasar por algúns altibaixos, seica o relanzamento da franquía de Tarzán está xa de novo listo para comezar a se producir pola Warner Bros. Pictures.

O actor austríaco Christoph Waltz (Django Unchained) está en negociacións para interpretar ao papel do vilán nesta nova versión dirixida por David Yates (Deathly Hallows) con actores de carne e óso, que darán vida aos clásicos persoaxes creados por Edgar Rice Burroughs.

Alexander Skarsgard interpreta a Tarzán, un home criado por símios. Waltz fará de Capitán Rom, un soldado belga que quere capturar a Tarzán a cámbio de diamantes.

O papel de Jane aínda non está pechado, pero sábe-se que tanto Emma Stone coma Margot Robbie fixeron probas para o persoaxe.

Adam Cozad escribiu a versión mais recente do guión, que deberá comezar a se rodar no verán, coa vista posta nunha estrea que non será até 2015.