Hugh Jackman, no filme Chappie

0
262

Hugh Jackman, que esta semana estivo de xira por Europa nos festiváis de cinema de Zurich e mais en Donosti recebindo un prémio pola súa traxectória profesional, ven de confirmar que entrará no reparto de Chappie, o novo filme de ciéncia-ficción do director de District 9 e Elysium, Neill Blomkamp.

En Zurich, Jackman dixo que a comezos do ano que ven viaxará a Johannesburg (Sudáfrica) para rodar a súa parte no filme durante un par de semanas.

A história vai sobre un robot (a quen lle pon a voz Sharlto Copley) roubado por dous gángsters (os rapeiros sudafricáns Ninja e Yolandi Visser) que planean usa-lo para o seu própio benefício.