Rosamund Pike úne-se aos Thunderbirds

844

Rosamund Pike, Thomas Brodie-Sangster, Rasmus Hardiker e mais David Menkin emprestarán as súas voces para a nova série de debuxos animados Thunderbirds Are Go! coa produción da ITV Studios, a Pukeko Pictures e mais Weta Workshop.

A série, un relanzamento do clásico programa de monicreques para nenos dos anos 60 creado por Gerry e Sylvia Anderson, combinará animación xerada por computador con miniaturas en decorados reais.

O mesmo có orixinal, irá sobre as aventuras da família Tracy e das suas naves-foguete que forman parte da organización International Rescue.

Pike porá voz á axente Lady Penelope, mentres cós outros tres porán-lle a voz aos cinco irmáns Tracy (Hardiker e Menkin farán dous persoaxes cada ún). David Graham, o actor que na série orixinal puxera a voz de Gordon Tracy, Brains, Parker e Kyrano, regresará para facer do chófer de Lady Penelope, Parker.

A partir de 2015, están previstos 26 episódios de média hora de duración cadanseu emitidos pola canle inglesa ITV.