O director de Waterworld resucita ao Cristo

0
271

O responsábel de filmes coma Waterworld ou Robin Hood: Prince of Thieves, Kevin Reynolds, será o director do novo filme de épica bíblica Resurrection, que producirá a LD Entertainment.

Baseada nos populares contos que aparecen no Novo Testamento da Bíblia, a história vai sobre un centurión román que non cré nos deuses e que vive nunha era na que se produce a suposta resurrección do Xesús Cristo.

Póncio Pilato encárga-lle a este soldado que apacígüe unha revolta en Xerusalem, mentres que ao mesmo tempo tenta investigar os rumores segundo os cales o tal Xesús resucitou e é o novo deus dos xudeus.

Segundo din, o filme xogará coas fasquías mais misteriosas dos contos bíblicos mentres tenta manter un tón semellante ao de Gladiator.

Patrick Aiello, Karen Janszen e mais Reynolds traballaron no guión, que producirá o mesmo Aiello. Agárda-se que a estrea se produza en marzo de 2015.