Kinberg reescribe o guión dos 4 Fantásticos

0
253

Simon Kinberg é polo de agora o último nome que chega a bordo do filme que relanzará aos Catro Fantásticos por parte da 20th Century Fox.

Kinberg será o encargado de re-escribir o guión, para o cal volverá contar co apoio do director e guionista Matthew Vaughn, con quen xa traballou en X-Men: First Class. Neste proxecto ambos traballarán ademais coma produtores.

Josh Trank (Chronicle) fica aínda vencellado coma director do proxecto, centrado no popular cuarteto de superherores da Marvel: Mr. Fantastic, a Rapaza Invisíbel, a Antorcha Humana e mais a Cousa.

Segundo din, Kinberg vai modificar substancialmente o actual guión.