A Primeira Guerra Universal, ao cinema

0
251

Skip Woods (A Good Day To Die Hard, X-Men Origins: Wolverine) será o encargado de escribir o guión dunha adaptación ao cinema da série de ciéncia-ficción épica Universal War One na Umedia.

Baseada na saga de seis novelas gráficas do debuxante francés Denis Bajram, a longametraxe estará ambientada nun futuro onde a humanidade vive envolta nunha guerra interplanetária.

A história vai sobre dous oficiais caídos en desgraza que deben aventurar-se aos límites exteriores do espazo coñecido, onde son atacados.

A Umedia é a mesma produtora que está a tentar levar adiante unha adaptación da série de novelas gráficas francesas Black Op.