Forster non regresará na segunda guerra zombi

869

Ainda que o filme da Paramount World War Z resultou ser un enorme éxito nos despachos de billetes, os seus graves problemas de produción semellan ser un obstáculo insalvábel e moitos dos membros da equipa de rodaxe deste filme de zombis non queren regresar para unha previsíbel segunda parte.

Así, nun recente artigo que falaba sobre a compañía produtora de Brad Pitt, a Plan B, revelou-se que o director da primeira entrega, Marc Forster, non regresará para a secuela.

Seica durante a rodaxe Forster tivo moitos problemas coa equipa, que continuaron durante a etapa de promoción do filme e que supuxeron algún ca outro altercado co mesmo Pitt.

Cando lle preguntaron como vai o proxecto agora mesmo, Pitt dixo: “Imos investigar un guión. Temos moitas ideias de onde podemos tirar material. Ninguén está a escribir ren agora mesmo, pero estamos a recompilar as nosas ideias“.