A triloxía de Sylo chega ao cinema

0
249

A Fox 2000 e mais Lauren Shuler Donner producirán conxuntamente unha adaptación ao cinema da triloxía de novelas de D.J. MacHale Sylo.

A série vai sobre os habitantes dunha pequena illa que un día se encontran que non poden regresar ao continente porque unha misteriosa forza militar do governo impíde-lle-lo.

Ainda así, vários rapaces conseguen burar a vixiláncia e escapan, pero en terra firme descubren que todos os habitantes dos Estados Unidos desapareceron e que eles son os únicos que están vivos e seguros, así que tentarán descubrir a orixe da invasión e contraatacaren.

Thor Freudenthal (Percy Jackson And The Sea Of Monsters) será o director deste filme, que conta cun guión de Marc Guggenheim. Shuler Donner e mais Jack Leslie serán os produtores.