Halle Berry nunha série de ciéncia-ficción

0
280

A actriz Halle Berry ven de se facer co papel protagonista dunha nova série de ciéncia-ficción que emitirá a canle CBS baixo o título Extant.

Nesta nova série, Berry interpretará a unha astronauta que regresa a casa após dunha misión en solitário dun ano no espazo e tentará reconectar co seu home e mais o seu fillo.

As súas experiéncias no espazo e na súa casa conducirán-lle a vivir acontecementos que poderían supoñer cámbios o decurso da história humana. A CBS encargou 13 episódios á Amblin TV e mais á CBS Studios.

Várias canles de televisión levan xa anos atrás de Berry tentando convence-la de que protagonice unha série (entre outras, ofrecéntron-lle Homeland e Hostages) así que a CBS considera esta contratación coma un grande éxito.