Esta semana escomezou a rodaxe da comédia de zombis de Andy Edwards Ibiza Undead na Templeheart Films e coa produción de Elisar Cabrera, da Capital City Entertainment.
A história vai sobre un grupo de amigos que nas súas primeiras vacacións afastados dos seus pais chegan á paradisíaca illa de Ibiza no Mediterráneo.
Despois de pasaren unha noite bebendo, atópan-se no médio dun ataque zombi que comeza a facer estragos entre os turistas. O grupo deberá daquela escomezar unha dura loita por saíren vivos da illa.
Cara Theobold (Downton Abbey) e Emily Atack (The Inbetweeners) lideran un reparto no que tamén están Algina Lipskis, Jordan Coulson, Hormudz Todiwala, Ed Kear, Matt King e mais a brasileira Marcia do Vales.