Lucas planea a quinta de Indiana Jones

0
214

Indiana JonesA ideia sobre unha quinta película baseada no persoaxe de Indiana Jones xa ronda a cabeza de George Lucas, de cuxo enxeño naceron todas as fitas do popular arqueólogo, segundo revelou hoxe Harrison Ford, o protagonista da saga.

É unha loucura, pero é xenial“, dixo Ford, de 66 anos. “George atópa-se no modo pensativo agora mesmo“.

A cuarta película da franquía, Indiana Jones e o reino da caveira de cristal, estreada o 22 de maio nos Estados Unidos, recadou uns 770 millóns de dólares nos cinemas de todo o mundo.

É algo automático, de verdade, fixémo-lo ben coa última e ao ser unha experiéncia positiva non é abraiante que algunhas persoas queiran volver face-lo“, explicou o actor.

O intérprete, nombergantes, non quixo especificar a quen se lle ocurriu a ideia de volver rodar un filme máis da saga, se a el mesmo, a Lucas ou ao director Steven Spielberg, que foi o realizador das catro fitas rodadas até de agora sobre ese persoaxe.

(A ideia) ven da mesma natureza das cousas (…), por suposto o éxito ofrece oportunidades…“, comentou Ford.

Nombergantes, o actor non quere saber ren dun posíbel Indiana Jones en debuxos animados, camiño que recentemente tomou a saga da Guerra das Galáxias, tamén creada por Lucas.

Non estou filosóficamente en contra de facer papeis animados, pero non con Indiana Jones“, asegurou. “Odiaría ve-lo reducido dese xeito a partir das películas que fixemos e a maneira na que as fixemos“.