Tempada completa para a S.H.I.E.L.D.

1154

A ABC ven de encargar oficialmente unha tempada completa da súa série Marvel’s Agents of S.H.I.E.L.D., co que se engadirán nove episódios restantes aos 13 encargados até agora, completando asemade unha tempada normal de 22 capítulos.

Ainda que a estrea da série escomezou cuns números espectaculares, estes foron caíndo nos seguintes dous episódios emitidos até de agora. Aínda así, a série ten uns mais ca saludábeis 7,9 millóns de telespectadores e un 2,9 de rating nestes intres.

Este é o terceiro encargo dunha série completa que se fai na televisión americana este ano, após de que a NBC encarga-se a continuación de The Blacklist e a Fox decedise dar-lle unha segunda tempada a Sleepy Hollow.