Guionista para os Masters do Universo

0
277

O coguionista de filmes coma The Lone Ranger, The Mask of Zorro e mais a saga de Pirates of the Caribbean, Terry Rossio, ven de recebir o encargo de escribir o libreto para o filme que relanzará as aventuras de Masters of the Universe na Sony Pictures.

O director de G.I. Joe: Retaliation, Jon M. Chu, ía ser o máximo responsábel desta longametraxe que levará á pantalla grande ao clásico xoguete da Mattel creado nos anos 80, pero hai semanas que decediu abandoar o proxecto.

Michael Finch, Alex Litvak e mais Richard Wenk traballaran en versións anteriores do guión, que conta coa produción de Todd Black, Jason Blumenthal e Steve Tisch.