A Relativity abandoa a Stretch Armstrong

0
269

A Relativity Media ven de abandoar o desenvolvemento do seu filme baseado no xoguete Stretch Armstrong da Hasbro.

O xoguete, un boneco de 33 centímetros dun home loiro e musculoso cuxos brazos e pernas se poden estirar até 1,2 metros, foi lanzado pola xogueteira Kenner nos anos 70.

A Disney tivo unha opción para facer unha adaptación ao cinema protagonizada por Jackie Chan en 1998, pero nunca chegou a pasar o periodo de desenvolvemento. A Universal tivo o mesmo problema con outra versión protagonizada esta vez por Taylor Lautner en 2008.

A Relativity fíxo-se cos dereitos após de que a Universal os desbota-se, e o pasado verán púxo-se en contacto con Breck Eisner (Sahara, The Crazies) coa ideia de que el fose o protagonista.

Agora, a Relativity tamén abandoa o proxecto, pero afirmando que teñen unha “tremenda relación” coa Hasbro e que están “decididos a enfocar-se noutros proxectos“. Afirman asemade que desexan continuar traballando xuntos.