Star Trek revive na tele?

0
262

Ainda que os filmes de Star Trek renovados por J.J. Abrams semellan ter resucitado a unha franquía que estaba a pasar por malos momentos, as películas desta saga sempre xogaron un papel secundário para os fans, que coidan que a verdadeira eséncia do fenómeno trekkie está na televisión, nas súas raigames.

A pequena pantalla é o lugar onde Star Trek naceu e onde os seus diversos spin-offs chegaron a ser famosos, acadando unha base de fans que axunta a moitas xeracións, sempre ao redor de guións sobranceiros, que exploraron novos mundos dentro da ciéncia-ficción, achegándo-se a contar histórias realmente avanzadas para a súa época. En contraste, o cinema semella amosar só a parte espectacular, as naves, o espazo e as batallas, tentando dirixir-se a un público que moi ben podería estar contemplando un filme da Guerra das Galáxias.

Agora, un informe filtrado semella indicar que a franquía podería estar tentando un regreso á pequena pantalla, algo que non acontece dende que a série Star trek: Enterprise rematou aló por maio de 2005. A primeiros desta semana, un xornalista falou con Bob Orci (co-guionista dos dous filmes) e tuiteou o seguinte:

“Bob Orci díxo-me que tiveron unha xuntanza coa CBS para revivir Star Trek na tele… isto semella emocionante”

Nombergantes, a finais do mes pasado, o mesmo Abrams foi cuestionado sobre a posibilidade de que Star Trek poide-se regresar á televisión, pero respondeu que “dixéron-me na CBS que non están interesados“.

De saír adiante a ideia, a pregunta é en que escenário estaría baseada a nova série. Unha posibilidade sería algo coma a recente Marvel’s Agents of SHIELD na que hai unha liña temporal alternativa enfocada en persoaxes distintos nese universo.

O principal problema, nombergantes, é cos dereitos de autor, unha vez mais interpoñéndo-se. En resumo, a Paramount posúe os dereitos para o cinema, mentres cá CBS ten os dereitos para a televisión. E ainda que ambas empresas pertencen ao grupo Viacom, a enemizade entre eles é demasiado grande coma para poderen chegar a ningún tipo de acordo.

Tanto Bryan Singer (X-Men) coma Bryan Fuller (Hannibal) xa expresaron o seu interese en traer de volta a Star Trek á tele, peropolo de agora a soa ideia semella realmente de ciéncia-ficción.