Del Toro xa traballa en Pacific Rim 2

0
238

Mália que nos Estados Unidos non está a ter o éxito agardado, o filme de Guillermo del Toro Pacific Rim está a recolleitar moitos cartos internacionalmente, e polo de agora leva un total de 408 millóns de dólares nos despachos de billetes.

Ainda que o filme custou 190 millóns e o negócio xa está amortizado, non está nada claro que a Warner Brothers queira arriscar-se a facer unha segunda parte. En todo caso, Del Toro xa está a aboar o camiño. Nunha entrevista co website IGN falando do lanzamento en Blu-Ray, dixo: “Estamos a escribir a secuela. Travis Beacham e mais eu estamos a escribir, así que iso está activo. A decisión de dar a luz verde ou non, iso está definitivamente por riba de min“.

Ademais, Del Toro falou sobre o seu proxecto de Pinocchio, para o que asegurou que está á procura dun novo parceiro na produción após de que ún dos que inicialmente ín financiar o proxecto decedi-se abandoar.

Del Toro está na actualidade a traballar no seu seguinte proxecto, o filme de terror gótico Crimson Peak.