Quaritch regresará en Avatar

0
263

O vilán do filme Avatar regresará para as secuelas. O realizador James Cameron confirmou que o actor Stephen Lang, quen interpretaba ao Coronel Miles Quaritch, participará nos seguintes tres filmes desta série.

Steven estivo memorábel no primeiro filme e somos uns privilexiados por poder te-lo de volta. Non vou dicir exactamente como o imos traer, pero esta é unha história de ciéncia-ficción, despois de todo.

O seu persoaxe evolucionará a lugares realmente inesperados a través do arco da saga dos nosos tres novos filmes. Realmente espero poder traballar cun actor con tanto talento e que ademais converteu-se no meu bó amigo“.

O persoaxe de Quaritch semellaba atopar o seu merecido ao final de dúas frechas dos Na’vi, así que teremos que agardar a ver como pode regresar.