Godzilla contra arañas xigantes

0
236

O relanzamento do novo Godzilla do director Gareth Edwards introducirá a un monstro que non só destrúe cidades senón que ademais tamén loita con outras creaturas xigantescas, xusto comoa acontecía nos clásicos filmes xaponeses dos estudos Toho.

Unha descripción filtrada pola Rede amosou a unha desas creaturas, que será unha monstrosa araña xigante chamada MUTO.

Cóida-se que a creatura é unha homenaxe a Kumonga, o monstro que apareceu no filme de 1967 Son of Godzilla. Naquela película había unha enorme araña nunha illa tropica que resultaba exposta a unha tormenta radiactiva, que a convertía nun monstro de 45 metros de alto.

Os participantes na rolda de prensa do filme que se celebrou no decurso da Comic Con 2013 puideron ver imaxes exclusivas que amosaban unha creatura Kaiju (monstro) con enormes patas de insecto. Non se sabe se esta é a mesma besta da que agora se fala.

Aaron Taylor-Johnson, Bryan Cranston e Elizabeth Olsen serán os protagonistas deste filme, que se estreará o vindeiro verán.