Continúan a tomar forza os rumores segundo os cales Tim Burton vai dirixir unha secuela dun do sseus filmes mais salientábeis, a comédia sobrenatural Beetlejuice.
A devandita secuela leva dando tumbos polos despachos de Hollywood dende hai mais dunha década, pero hai un par de anos semellou gañar unha nova vida cando Seth Grahame-Smith e mais David Katzenberg chegaron a bordo para escribir un novo guión.
Agora seica o guión xa está rematado e Burton está tan entusiasmado con el que quere deixar a un lado o seu vindeiro proxecto, o filme Miss Peregrine’s Home for Peculiar Children, para se poñer a rodar decontado Beetlejuice 2.
Nombergantes, outras fontes advirten que Burton non puido arranxar a súa axenda e agora planea rodar os dous filmes. Os guionistas xa deixaron claro que en todo caso non sería unha auténtica segunda parte de Beetlejuice 2 se non-a dirixe Burton ou se non a protagoniza Michael Keaton.
O novo filme será unha secuela que retoma os acontecementos vintetantos anos despois dos do filme orixinal.