Abrams e Kasdan no guión de Star Wars

0
281

O director J.J. Abrams e mais o coguionista de The Empire Strikes Back, Lawrence Kasdan, veñen de se facer cargo do guión do vindeiro filme Star Wars: Episode VII que producirá a Disney.

Michael Arndt (The Hunger Games: Catching Fire) estivo traballando neste guión e nos tratamentos para os dous seguintes dende o pasado mes de novembro, pero agora Abrams e Kasdan continuarán avanzando co traballo.

Nun comunicado oficial, a xefa da LucasFilm, Kathleen Kennedy, dixo:

Estou moi emocionada pola história que estamos a facer e encantada de ter a Larry e mais a J.J. traballando no guión“.

Por outra banda, confirmou-se asemade que na equipa de rodaxe estarán Dan Mindel (Star Trek Into Darkness) coma director de fotografía, Rick Carter (Avatar) e Darren Gilford (Oblivion) no deseño de produción, e Michael Kaplan (Star Trek Into Darkness) no deseño de vestiário.

Chris Corbould (The Dark Knight Rises) e Roger Guyett (Star Wars: Episode III Revenge of the Sith) serán os supervisores dos efectos especiais para a Industrial Light & Magic.

A rodaxe escomezará nos estudos Pinewood de Inglaterra a primavera do ano que ven.