Clive Barker no reboot de Hellraiser

0
306

O home que creou a Pinhead e mais a franquía de Hellraiser regresará para o relanzamento da súa saga.

O escritor Clive Barker anunciou na súa páxina de Facebook que ven de rematar de escribir unhha ideia orixinal para o remake do filme de Hellraiser na Dimension Pictures.

Os estudos de feito están tan encantados coa ideia que lle pediron que escriba el mesmo o guión. Barker planea asemade traer de volta a Doug Bradley, o actor que deu vida a Pinhead.

Na súa páxina, Barker dixo: “O que vos podo dicir sobre isto? Ben, pois que non será un filme cheo de efectos especiais xerados pro computador. Sego sendo un apaixoado dos efectos de maquillaxe tal e coma era cando dirixín o primeiro Hellraiser“.

O filme orixinal, de 1987, estaba baseado na novela do mesmo Barker The Hellbound Heart e recadou daquela 14 millóns de dólares nos despachos de billetes a partir dun orzamento inicial de tan só un millón.

Aquel filme deu orixe a várias secuelas, todas eleas baseadas ao redor dunha caixa máxica capaz de invocar aos cenobitas (demos do inferno). A série foi famosa polas súas escenas de gore extremo.