Will Smith gaña tempo coa Fox

0
216

Ainda que non hai ren oficial polo de agora, Will Smith será o protagonista do vindeirothriller sobrenatural Selling Time que producirá a 20th Century Fox.

A história vai sobre un home a quen se lle dá a oportunidade de revivir o peor día da súa vida en troques de sete anos menos da súa esperanza de vida.

Dan McDermott escribiu o guión e el mesmo o reescribirá como parte do acordoao que chegou coa Fox. John Davis e Jennifer Klein serán os produtores. Polo de agora non hai ningún director vencellado ao proxecto.

Smith estivo xa vencellado a este mesmo proxecto hai anos, pero o seu calendário de rodaxe impediu-lle traballar nel até agora.