Ridley Scott prepara 4 filmes fantásticos

0
254

O realizador Sir Ridley Scott non se mordeu a língua cando lle preguntaron nunha recente entrevista sobre os seus vindeiros proxectos e confirmou que todos eles serán do xénero fantástico.

O mais salientábel foi que “Prometheus 2 xa está escrito“, e que Damon Lindelof non é o autor do guión. Nombergantes, aínda non hai data para escomezar a rodaxe. Verbo deste filme, engadiu: “Coidei que deixara a ciéncia-ficción por tanto tempo que disfroitei moito do regreso. Prometheus foi unha grande experiéncia para min. E a segunda parte, podemos escomezar a desenvolver a grande ideia“.

Ao respeito do seu outro grande proxecto de ciéncia-ficción, a segunda parte de Blade Runner, dixo: “Si, estamos a traballar niso xusto agora. Vai-se facer cedo ou tarde“.

Scott ten outros dous proxectos de fantasía pendentes. O primeiro é sobre un dos contos da Bíblia, para o que xa mesmo ousa poñer datas de rodaxe: podería ser en 2014 ou 2015. Tráta-se de Exodus, unha fantasía épica que estará protagonizada por Christian Bale no papel de Moisés e Joel Edgerton coma o misterioso faraón Ramsés. Scott di que este filme terá unha escala “a hóstia de grande” e confirmou que a famosa escena do Mar Vermello aparecerá na pantalla.

A outra película pendente é outro proxecto baseado nunha famosa novela de ciéncia-ficción: The Forever War, do escritor Joe Haldeman. Esta obra clásica da literatura podería ter a súa oportunidade de saír adiante o proxecto de Scott: “Temos tamén estoutra obra mestra, un dos derradeiros grandes libros da ciéncia-ficción chamado The Forever War, e por fin temos un moi bo bosquexo para presentar á Fox“.