Deadpool só espera a luz verde da Fox

847

Tim Miller é o especialista en efectos especiáis que traballou en múltiples filmes dos X-Men e tamén o director que se encargará da película Deadpool. Hai un par de días confirmou os recentes comentários do protagonista, Ryan Reynolds, verbo de que o filme sobre o famoso mercenário do Universo Marvel terá un filme de seu, pero que a producón vai amodiño.

Os guionistas Rhett Reese e Paul Wernick (Zombieland, G.I. Joe Retaliation) entregaron unha nova versión millorada do guión, que xa foi repartido entre os que erán protagonistas. Agora todo depende da 20th Century Fox e de se quere dar-lle a luz verde a este proxecto. Miller dixo nunha entrevista que o proxecto está agora mais próximo a ser aprobado que hai un par de meses:

Nunca abandoaremos! Deadpool está aínda vivo e só estamos agardando a que os estudos aproben o que vai ser unha película da hóstia. Ryan está listo, eu estou listo, os fans están mais ca listos, só precisamos a luz verde“.