Planeando a secuela de Society

0
217

Mesmo para os duros actuais estándares de cinema gore, o filme de culto de terror Society, de Brian Yuzna, segue a ser unha película estrema.

Neste filme, unha sátira social de 1989, estaba protagonizado polo ex-vixiante da práia Billy Warlock, quen interpreta a un popular estudante do instituto de Beverly Hills que sinte que non encaixa dentro da súa família nin co seu grupo de amigos da alta sociedade.

Ainda que a película comeza cunha fita de áudio na que a súa família participa nunha orxía incestuosa e con asasinatos, o realmente forte está nos derradeiros 20 ou 30 minutos.

Resulta que o un por cento da xente é dunha espécie diferente. As súas orxías serven para poñer literalmente a todos os corpos xuntos, nunha pía xigantesca de carne palpitante na que absorben e devoran xente inocente en enormes festas, todo con algúns dos efectos especiais mais brutáis xamáis vistos na pantalla.

Nunha entrevista coa revista Horror Channel, Yuzna dixo que está a preparar unha secuela titulada Society 2: Body Modification, na que xa está a traballar activamente. Esta versión pasará das mansións da alta sociedade para entrar nos clubes privados de Hollywood:

Terá lugar neses clubes noiturnos súper-exclusivos que hai en Hollywood. Unha vez que entras sempre teñen unha habitación VIP preparada, ou unha VVIP, que está fóra dos límites. O problema está na financiación. O negócio muduou considerábelmente por mor da revolución dixital e o terror volveu-se tan mainstream que seica perdeu a súa creatividade transgresora. Coido que estamos ao remate dun ciclo e que unha nova clase de terror medrará da nova produción e distribución da tecnoloxía dixital“.