Fresnadillo no remake de Pet Sematary

0
224

O cineasta español Juan Carlos Fresnadillo (28 Weeks Later, Intruders) regresará ao xénero de terror da man doutra nova adaptación remake dun filme de Stephen King, nesta ocasión Pet Sematary na Paramount Pictures.

A novela orixinal de 1983 ía sobre unha família que se muda a unha pequena vila de Maine moi preto dunha autoestrada pola que circulan enormes camións a toda velocidade. Preto dalí tamén hai un cemitério de animais, e mais aló un vello cemitério índio no que se dí que se enterras a alguén, pode resucitar, ainda que os que volven non-o fan nun estado moi normal.

Cando o seu fillo pequeno morre nun accidente de tráfico, o desolado pai usará ese poder, pero a costa de perder outras vidas e a súa própia saúde mental. O libro xa fora adaptado en 1989 nunha película que tivo relativo éxito, protagonziada por Dale Midkiff, Denise Crosby e Fred Gwynne.

Matt Greenberg e David Kajganich escribiron o guión, que se producirá baixo os auspícios de Lorenzo di Bonaventura e Steven Schneider.