A família Addams volve en debuxos

691

A MGM está en negociacións moi avanzadas con Gail Berman e Lloyd Braun para producir un filme de debuxos anmados baseado nos clásicos debuxos de Charles Addams da Família Addams.

Os debuxos da tele escomezaran coma cómics no xornal The New Yorker ao longo de case 50 anos, pero os persoaxes acadaron sona grazas a unha adaptación á pequena pantalla nos anos 60, o que foi acompañado por unha série de películas nos anos 90.

Pamela Pettler (Corpse Bride, Monster House) será a encargada de escribir o guión para a longametraxe na que participarán Andrew Mittman e Kevin Miserocchi coma produtores executivos.

A Illumination Entertainment levaba desenvolvendo outro filme sobre os Addams, que ía dirixir Tim Burton en stop-motion, pero o proxecto ficou paralizado hai xa anos.