Os zombis regresarán por 5º ano

0
268

Nunha das decisións menos inesperadas do ano, a AMC ven de anunciar que renovou por outro ano ao seu super éxito de zombis, a série The Walking Dead, para unha quinta tempada.

A actual tempada, a cuarta, estreou-se hai unhas semanas co récord absoluto de audiéncia, 16 millóns de telespectadores, mentres ca os seguintes episódios chegaron aos 13,9 e 12,9 millóns respectivamente, e todo elo competindo directamente en horário de máxima audiéncia contra os partidos de fútbol americano.

Eses tres episódios son os que maior audiéncia acadaron en todo o rexistro histórico da série, e tamén son polo de agora os que recebiron millores críticas nesta tempada de televisión, xa sexa en canles en aberto ou de pago.