Samuel L. Jackson chama ao móbil

0
269

Samuel L. Jackson ven de se unir ao reparto de actores que adaptará á pantalla grande a novela de Stephen King de 2006 Cell para a Benaroya Pictures e mais a The Genre Company.

Jackson interpretará a Tom McCourt, un enxeñeiro e antigo soldado que se une a Clay Riddell (John Cusack) para fuxiren de Boston mentres o mundo se volve tolo.

A causa é un poderoso sinal radioemitido polos teléfones móbiles para todo o mundo, que reprograma as mentes dos usuários, convertíndo-os en bestas asasinas.

Tod “Kip” Williams será o director a partir dun guión que coescribiron o própio King xunto a Adam Alleca. A rodaxe escomezará a primeiros do ano que ven.