The Wolverine terá secuela

0
431

A 20th Century Fox ven de escomezar as negociacións co director James Mangold para que regrese a facer unha segunda entrega das aventuras en solitário de Lobeto após do seu éxito deste ano, The Wolverine.

As críticas verbo de The Wolverine foron lixeiramente positivas, mellores cás de X-Men Origins: Wolverine pero moi lonxe daas loubanzas que recebiron X2 e X-Men: First Class. Nos despachos de billetes non lle foi mal do todo, con 132 millóns de dólares tan só nos Estados unidos.

Nombergantes, foi no mercado internacional onde The Wolverine arrasou, chegando até os 413 millóns e convertíndo-se no segundo filme da saga dos X-Men que mais recada na história.

Mangold quere chegar a un acordo para escribir el mesmo un bosquexo do guión, mentres ca Lauren Shuler Donner xa está a bordo para se encargar da produción. Polo de agora non se sabe ren de por onde irán os tiros no argumento, pero o único seguro é que Hugh Jackman repetirá no seu papel do Lobeto.