O Xogo de Ender directo á tele?

997

Nunha entrevista o venres, o CEO da Lionsgate Jon Feltheimer revelou que os estudos decediron agardar unha ou dúas semanas mais antes de tomar unha decisión ao respeito dunha segunda parte do filme Ender’s Game.

A adaptación ao cinema da novela de Orson Scott Card leva recadados 32,5 millóns de dólares nos seus primeiros cinco días de exhibición nos Estados Unidos, aos que lles hai que sumar outros 9 procedentes do mercado internacional. Todo elo está segundo os estudos dentro dos parámetros preestablecidos para facer rendíbel a produción.

Finanzada case totalmente pola OddLot Entertainment, Feltheimer dixo que mesmo se non se fai unha secuela, están a considerar a posibilidade de facer un telefilme, algo que custaría moitísimos menos cartos.

A compañía en todo caso está agora a se ocupar das secuelas doutra das súas franquías, neste caso da estrea este mes do filme The Hunger Games: Catching Fire, e o ano que ven chegará Divergent.