Star Wars, parque de atraccións Disney

0
346

Os directivos da Disney e mais os da Lionsgate levan vários días a anunciar triunfalmente os éxitos das súas producións este ano e mais os seus proxectos para o ano que ven, e ambas veñen de coincidir nun proxecto semellante: un parque de atraccións.

O CEO da Disney, Bob Iger, revelou que ten plans para construír un parque temático adicado á súa franquía da Guerra das Galáxias, que non só contará con sedes en Califórnia e mais en Orlando (Florida) senón tamén en París e Tóquio. Mesmo están a cosniderar a posibilidade de abrir en Shanghai e Hong Kong, onde xa existen proxectos para facer unha atracción adicada a Iron Man.

Pola súa banda, o CEO da Lionsgate, Jon Feltheimer, confirmou que ten propostas concretas de dous lugares para abrir un parque temático adicado á súa franquía de The Hunger Games: “estamos moi emocionados con estas oportunidades e imos trentar face-las realidade“.