From Dusk ‘Til Dawn adaptada á tele

0
250

D.J. Cotrona (G.I. Joe: Retaliation) e Zane Holtz (The Perks of Being a Wallflower) serán Seth e Richie Gecko na adaptación á pequena pantalla da película From Dusk ‘Til Dawn que emitirá a canle El Rey Network.

George Clooney e Quentin Tarantino interpretaron os devanditos papéis no filme orixinal de 1996 que dirixiu Robert Rodriguez, unha comédia de terror que acadou un éxito instantáneo. Para esta nova versión na tele, Rodriguez será o produtor executivo ao longo dos dez episódios que se teñen previsto emitir a partir da primavera do ano que ven. Ademais, o mesmo Rodriguez dirixirá dous deses episódios.

Outros actores xa contratados son Jesse Garcia (Sons of Anarchy) no papel do Ranger de Texas Freddie Gonzalez, e mais o veterán Don Johnson (Miami Vice) coma o Sheriff Earl McGraw, un papel que interpretou Michael Parks non só en From Dusk ‘Til Dawn senón en moitos outros filmes de Rodriguez.

Polo de agora non se sabe quen farán os papéis da família Fuller ou da stripper Santanico Pandemonium, a quen deu vida Salma Hayek no filme orixinal. Algúns rumores apuntan a que Danny Trejo podería regresar ao seu papel do camareiro.