Hawke e Amenábar, xuntos nunha Regresión

846

As produtoras The Weinstein Company e mais a Dimension Films veñen de se facer cos dereitos para distribuíren nos Estados unidos o novo filme en inglés do director español Alejandro Amenábar, o thriller de suspense Regression, que protagonizará Ethan Hawke. O acordo podería ser por unha cifra de seis ceros.

Ambientado nunha pequena vila de Minnesota en 1980, Hawke interpretará a un home que é arrestado por abusar sexualmente da súa filla, quen ainda que non ten lembranzas deses feitos, é “axudada” por un psicoterapeuta que a hipnotiza e lle fai unha regresión, coa que averígua que ademáis hai un oficial de policía implicado no crime.

Pero desúpeto outros habitantes da vila comezan a experimentar recordos de memórias suprimidas nas que tamén son vítimas de horríbeis abusos. Cando as novas se espallen por todo o país, a policía comeza a descubrir unha conspiración nacional que mesmo podería ter implicacións sobrenaturais, mentres todo o mundo se pregunta se os abusos son reais ou se hai algo mais.