O Bigfoot contra os Lobishomes

0
220

A Outlier e mais a Pathbender veñen de se facer cos dereitos para adaptaren ao cinema e mais a televisión a novela gráfica de Jeff Frank Savage, publicada pola editorial Shadowline.

James Cotten (La linea) será o director da longametraxe baseada neste cómic, un thriller sobrenatural que vai sobre un misterioso asasino que é perseguido por creaturas doutro mundo.

Mentres procura un prodíxio para continuar co seu traballo, atópa-se no médio dunha batalla entre o lendário Bigfoot e mais un fato de lobishomes.

E. Thompson e John Adams serán os produtores deste filme, no que Mark Morgan será o produtor executivo. Morgan e Thompson xa traballaran xuntos anteriormente nas franquías de Percy Jackson e Twilight.