A Paramount TV está a desenvolver unha série de televisión baseada no grande éxito nos cinemas de 1990, a comédia romántica sobrenatural Ghost.
Patrick Swayze, Demi Moore e Whoopi Goldberg foran os protagonistas do filme orixinal, que ía sobre como o amor pode sobrevivir á mesma morte, cando a parella de namorados que formaban Sam e Molly Jensen son atacados por un ladrón unha noite e Sam morre no asalto.
Convertido en pantasma, Sam tentará comunicar-se coa súa moza coa axuda dunha médium fraudulenta. E ao mesmo tempo, vai coñecendo mais datos sobre a súa morte e tentará que Molly non acabe igual ca el.
O filme gañou dous Oscars e converteu-se nun enorme éxito en todo o mundo, gañando 505 millóns de dólares cun orzamento orixinal de tan só 21. Os produtores de Fringe, Akiva Goldsman e mais Jeff Pinkner, coescribirán o guión para o episódio piloto.
O proxecto será o primeiro do recén relanzado departamento televisivo da Paramount, que seguramente tentará explorar que outros filmes do seu catálogo poden dar o chimpo á pequena pantalla.