Goddard, guionista de Daredevil

1327

Drew Goddard, director e coguionista da aclamada comédia de terror The Cabin in the Woods, comezou a negociar coa Netflix a posibilidade de se encargar de escribir os 13 episódios dunha nova série baseada en Daredevil, o superheroe cego da Marvel Comics.

Goddard é o primeiro nome que aparece vencellado aos catro programas que a Netflix está a desenvolver baseados en persoaxes da Marvel. Daredevil será o primeiro dos catro que entrará en produción e probábelmente saia directo ao mercado de vídeo baixo demanda (VOD).

Nin a Marvel nin os representantes de Goddard quixeron confirmar ou desmentir este acordo. Goddard, que tamén escribiu o guión da película Cloverfield, ten unha chea de experiéncia traballando na televisión en capítulos de séries coma Lost, Alias, Buffy Cazavampiros ou Angel.