Phil Claydon (Lesbian Vampire Killers) será o novo director do filme de terror Crawlspace que producirá a New Line.
Anteriormente titulado Within, Gary Dauberman (Swamp Devil) escribiu o guión desta longametraxe que vai sobre unha família que se muda a unha nova casa, onde decontado comezan a sufrir extraños acontecementos.
Ainda que o argumento non semella moi prometedor, a produtora afirma que do tradicional thriller de terror pasará-se logo a unha nova fórmula totalmente novidosa na que se cambian as perspectivas da audiéncia e da família do filme.
O director de The Conjuring, James Wan, será o produtor xunto a Rick Alvarez.