Novos plans para Flash

1044

A canle The CW ven de mudar os sus plans para a nova série de televisión que tiñan proxectada e na que o superheroe Flash ía ser o protagonista.

O actor Grant Gustin ía interpretar o papel en tres episódios da segunda tempada de Arrow, os números 8, 9 e 20. Gustin só aparecería coma Barry Allen nos dous primeiros, e logo convérte-se en Flash no derradeiro, que serviría coma introdución ao episódio piloto da nova série The Flash.

Nombergantes, os plans cambiaron . Ainda que os episódios 8 e 9 xa están rodados, o episódio 20 foi elimnado. No seu lugar, The CW decediu facer un episódio piloto tradicional para The Flash, e nel será cando vexamos ao persoaxe de Gustin enfundar-se o seu uniforme vermello por primeira vez.

A decisión fíxo-se despois de que a xunta directiva da canle mirase os dous primeiros episódios e ficase estremadamente contenta cos resultados. Alí decediron que Flash merece ter unha série de seu e nacer nun episódio piloto, vencellando ao persoaxe co de Arrow noutra ocasión.

Para este episódio piloto a canle contará coa mesma equipa directiva que se encargou de facer Arrow, incluíndo aos seus co-creadores, Greg Berlanti e Andrew Kreisberg, o guionista Geoff Johns e mais o director David Nutter.

Por suposto, o episódio 20 da segunda tempada de Arrow deberá ser redeseñado e os produtores esperan poder discutir sobre as posibilidades que fican abertas esta mesma semana.