Terry Gilliam regresa ao seu Quixote

0
246

O realizador Terry Gilliam (12 Monkeys, Brazil) quere regresar, trece anos despois de abandoar o proxecto, ao filme The Man Who Killed Don Quixote, que nunca puido rematar-se, segundo confesou nunha recente entrevista ao sítio Web Coming Soon.

Gilliam bromeou facendo mencións a que esta será a sétima vez que intente levar a cabo o proxecto, e que se cadra a súa principal motivación neste intre é poder remata-lo dunha vez: “Xa veremos se acontece. Está é coma a miña posición inicial, regresar ao punto de partida. Realmente só quero librar-me diso, saca-lo da miña vida“.

O anterior intento tivo lugar en 2000 cando Jean Rochefort e mais Johnny Depp protagonizaron esta comédia baseada no clásico de Miguel de Cervantes Don Quixote. Depp fixo o papel dun executivo de publicidade que por ccidente era trasportado no tempo até o século XVII na Mancha (España).

Alí, atopa ao aventureiro Don Quixote (Rochefort), quen confunde ao persoaxe de Depp con Sancho Panza. O proxecto cancelou-se por mor de numerosaos problemas coa produción, entre os que estivo un trebón que arrasou os escenários do filme e unha dobre hérnia de disco que lle foi diagnosticada a Rochefort.