A AMC ven de encargar un episódio piloto para unha nova série de televisión que adaptará á pequena pantalla o cómic Preacher, de Garth Ennis.
A história vai sobre un predicador arruinado de Texas que é posuído por Genesis, un ser sobrenatural concebido pola unión dun anxo e un demo.
Dotado agora con inmensos poderes, o predicador alía-se cunha antiga ex-moza e mais cun vampiro alcohólico irlandés nunha procura por toda América na que tentarán atopar a Deus, para lle dar o seu escarmento por abandoar as súas responsabilidades coma máximo coidador da Terra.
Dende finais dos anos 90 houbo vários intentos por levar este cómic ao cinema, pero ningún puido chegar a bó porto mália contar co apóio de directores de sona coma Sam Mendes ou Darren Aronofsky.
O nome que ainda fica vencellado á produción é Seth Rogen. O cómico recentemente confesou na súa conta de Twitter que após de sete aos de traballo, por fin vai haber novidades.
De saír adiante o proxecto, será a segunda adaptación dun cómic á televisión que realiza a canle AMC, após do seu grande éxito The Walking Dead.