Javier Bardem será Barbanegra

0
240

O actor español Javier Bardem ven de recebir unha oferta para interpretar ao principal vilán do filme Pan, que narrará as orixes do clásico persoaxe Peter Pan nunha nova produción da Warner Bros. Pictures.

No filme, un orfo abandoado é levado ao mundo máxico de Nunca Xamáis, onde se converte no salvador dos seus habitantes e lidera unha rebelión contra os malvados piratas.

Bardem interpretaría nesta ocasión ao capitán pirata Barbanegra, e non ao mais famoso inimigo de Peter, o Capitán Garfo. Jason Fuchs escribiu o guión, baseado no clásico conto orixinal de J.M. Barrie.

Joe Wright está en negociacións para se converter no director do proxecto, que produce Greg Berlanti.